El Polígono

Información de contacto

Renovación Convenio financiero con ABANCA

ABANCA e os empresarios do polígono Espíritu Santo buscan solucións para mellorar a competitividade

  • O banco e a Comunidade de Propietarios do Polígono Espíritu Santo elaboran unha oferta financeira e de servizos a medida

    Algunhas das liñas de traballo acordadas no convenio céntranse na situación actual da pandemia e nos fondos Next Generation da UE

ABANCA e a Comunidade de Propietarios do Poligono Espíritu Santo veñen de asinar un novo acordo de colaboración co foco posto en garantir o futuro das empresas do polo industrial coruñés. Ambas entidades avanzaron nun catálogo cheo de alternativas creadas a medida para as empresas da área industrial.

O convenio foi asinado esta mañá na Coruña por parte do coordinador institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño Orgeira, e polo representante da Comunidade de Propietarios do Polígono Espíritu Santo, Baudilio Brantuas. Este acordo ten presente a realidade actual, moi marcada pola pandemia pero tamén pola chegada dos fondos Next Generation da UE. Non en balde, o banco conta cunha unidade adaptada para a xestión destes fondos, con produtos es asesoramento a medida.

No texto especifícanse unha serie de alternativas do plan de financiamento, con produtos e servizos dirixidos a reforzar a competitividade dos seus proxectos para facer fronte aos investimentos. Os empresarios contarán con produtos deseñados especificamente, como os préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos. Os asociados tamén poderán aproveitar as vantaxes doutros produtos ou servizos, como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring.

Os empresarios asociados tamén poderán gozar das vantaxes que lles ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, co que poderán deixar de pagar por servizos como o mantemento de contas ou tarxetas, transferencias, ingreso de cheques e outros servizos. Así mesmo, os asociados poderán empregar a banca electrónica, o Bróker Online, ABANCA Pay e o servizo ‘Appúntame’, que lles facilitará a xestión sinxela de calquera tipo de cotas, domiciliacións e subscricións para eles mesmos e os seus clientes.

Para más información y condiciones, visite el área privada de esta Página web.

Leave a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *