El Polígono

Información de contacto

Ayudas CONSOLIDA CAMBRE 2021

Dende hoxe ata o 4 de novembro é posible presentar as solicitudes de subvención para o Programa Consolida Cambre do Concello de Cambre. Toda a tramitación é telemática e as instruccións e documentación a presentar están dispoñibles na sede electrónica do Concello :

(https://sede.cambre.es/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudProgramaConsolidaCambre2021).

O importe máximo de axuda é de 850,00 € por beneficiario, xustificado mediante cotas abonadas á Seguridade Social no 2020.

Lémbrase que non é posible acceder a esta liña si xa se percibiu nos tres últimos anos e que, si xa existe algún documento en poder do Concello (por Pel reactiva ou por Consolida de anos anteriores), basta con indicalo na solicitude. Sin embargo, tanto o Informe de Vida laboral como o Certificado de situación Censual deben de ser actuais, e non serán válidos os obrantes nos expedientes de 2020.

Por último, transcribir novamente os requisitos para ser beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias da axuda deste programa as persoas autónomas, sexan autónomas individuais ou socios/as de microempresa ou peme, (para a definición de microempresa e pequena empresa terase en conta o establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014) que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Que estiveran de alta no RETA ou nalgunha mutualidade dos colexios profesionais, ben como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben como socios/as promotores/as no caso de sociedades mercantís en marzo de 2020, e que seguiran de alta ata a data final do prazo de solicitude da subvención, e que tiveran unha antigüidade mínima na actividade en Cambre dun ano natural (marzo de 2019).
  2. Que estean nalgunha das seguintes circunstancias:

b.1.) Que pecharan os seus establecementos e cesaran na súa actividade de xeito obrigado por mor do estado de alarma ocasionado pola pandemia do Covid-19 no ano 2020, (o cese da actividade pode comprobarse a través do informe de vida laboral, no que aparece o período de cese de actividade), ou ben

b.2.) Que estiveran en ERTE por mor da pandemia, ou ben

b.3.) Que desenvolveran actividades establecidas no epígrafe 721.2 transporte por autotaxi, ou ben

b.4.) Que viran reducida a súa facturación polo menos nun 45% nos seguintes termos: para as empresas que non solicitaron o cese de actividade a baixada da facturación calcularase de maneira xeral comparando os datos de facturación ou ingresos anual do ano 2020 cos do ano 2019. Excepcionalmente contémplase o seguinte suposto; para altas ou empresas creadas ó longo do ano 2019, a baixada da facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do ano 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020.

A baixada de facturación de alomenos o 45% acreditarase por calquera dos seguintes medios:

– Estimación directa; mediante a declaración do IVE anual modelo 390 dos anos 2019 – 2020 ou declaracións trimestrais do IVE modelos 303, declaración trimestral do IRPF (modelo 130) do IV trimestre de 2019 co IV trimestre do 2020, ou anual (modelo 100) dos dous exercicios.

– No caso de persoas ou empresas que tributen no réxime de estimación obxectiva ou módulos, a diminución da facturación establecida deberase acreditar coas copias, referidas aos períodos de comparación, do libro de facturas emitidas e recibidas, o libro diario de ingresos e gastos, o libro de rexistro de vendas e ingresos, o libro de compras e gastos, ou calquera outra forma admitida en dereito para acreditar a diminución da facturación, como pode ser, entre outros e tendo en conta a actividade económica, a presentación do descenso de consumo de enerxía eléctrica, copia de rexistro de caixa ou cobros e pagos por TPV, ou calquera método, dos anos 2019 e 2020.
-O método de xustificación empregado será o de custos simplificados, sumas a tanto alzado, conforme ao disposto no artigo 67.1 c) do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratim) 2018/1046.

c) Que desenvolveran a súa actividade empresarial no Concello de Cambre nos seguintes termos:

– No caso de desenvolver a súa actividade a través dun establecemento permanente, que este se atope radicado no termo municipal de Cambre, segundo alta no Censo de Actividades Económicas (Modelo 036 ou 037) ou Certificado de situación censual, alomenos dende marzo de 2020 e cunha antigüidade mínima dun ano con respecto ao período de referencia (marzo de 2019).
– No caso de que para o exercicio da actividade non se dispoña de establecemento permanente, que o domicilio fiscal da empresa se atope no termo municipal de Cambre. En caso de autónomos individuais sen establecemento, entenderase que desenvolven a súa actividade no domicilio que apareza no certificado de situación censual.

d) Que non teñan percibido a subvención ao abeiro das convocatorias do Programa Cambre Emprende ou Consolida Cambre nos tres exercicios anteriores.

e) Estar ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Cambre, coa Axencia Tributaria de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), así coma ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social. De conformidade co artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e con estas bases, o Concello de Cambre solicitará as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Facenda autonómica e o propio Concello de Cambre, para verificar o cumprimento deste apartado.

Leave a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *